Número de libros encontrados: 7
O neno mariñeiro
Elías, o afillado de Agustina, naceu no Seixo de Darbo, nunha casiña branca e de pedra. Pouco despois, nos tempos arrepiantes da guerra de España, naceron o seu irmán e a súa irmá, e a familia asentouse en Cangas, onde sempre se sentían as gaivotas...
Rata linda de Compostela
No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato...
O Quirico lambón
O burro Perico, por mor do seu casamento, foi un día, moi contento, a invitar a moitos bichos, e tamén foillo anunciar, a Quirico, que era un galo, do monte, un pouquiño malo, que á escola nunca fora, moi señorito e lambón...
Acendede as almenaras
Acendede as almenaras é un poemario co que Bernardino Graña grava un testemuño de emoción e vibración ante a vida e as persoas, un testemuño a través do que lanza ao aire unha onda a favor das ataduras do amor e da amizade...
Protoevanxeo do neto de Herodes
Con Protoevanxeo do neto de Herodes, Bernardino Graña, logo dunha longa e riquísima traxectoria literaria, ofrécenos a súa primeira novela, gañadora do IIº Premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia-Público de narrativa galego portuguesa...
O gaiteiro e o Rato Pérez
Silvino nacera na aldea de Tourán Baixo, o máis pequeno de catro irmáns, nunha familia pobre. Durante anos traballa de canteiro, ó tempo que aprende a toca-la gaita, por iso chámanlle ás veces Silvino o Canteiro e ás veces Silvino o Gaiteiro...